- Transporte de enfermos y realización de talleres de estimulación mental
- Diagnosis inicial
- Atención psicológica a familiares y enfermos
- Impartición de cursos de formación

Inicio Asociación Unidades Terapéuticas Centros de día especializados Formación Cooperación Internacional Prevención Publicaciones Área Clínica e Investigación Contacto


Estimulación cognitiva en casa

hazte socio

envianos tu curriculum

Zonas de Áreas de Influencia

Becerrea O Vicedo Xove Burela Ribadeo Foz Xermade Vilalba Cospeito Begonte Castro de Rei Bóveda Meira Outeiro de Rei Pol Lugo Escairón Baralla Becerrea Burela Rabade

AFALU é Centro Acreditado para formación homologada en:
SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en instirucions sociais
SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
Cun total de 2 aulas e 3 aulas taller.

E nº de rexistro: 27H01496 no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar


Solicite su Tarjeta “AA”
Más información

Galería de fotos
Ver fotos

Galería de vídeos
Ver videos

O Alzheimer e outras demencias en Galicia

Libro AFALU

Venta en librerías


I Congreso Galego o Alzheimer e as outras Demencias na Sociedade de hoxe

Realizado en la ciudad de Lugo los días 10, 11 y 12 de Mayo, con la intención de servir de punto de encuentro entre profesionales, cuidadores y estudiantes, e de erigirse en eje impulsor en el que se ofrecieron tiempos y espacios para la reflexión conjunta, el diálogo y el enriquecimiento mutuo a través del intercambio de ideas, perspectivas y propuestas.
Después de 3 días de largo trabajo aquí van las conclusiones que se leyeron en su día como colofón de este proyecto:

"Paseniño, paseniño chegamos xa ó final do noso traxecto compartido.

Teñen sido unhas xornadas realmente intensas, arduas, esixentes (mesmo esgotadoras por momentos) pero eu coido que tamén sumamente estimulantes, suxestivas... e certamente inspiradoras.

Nese sentido, non podemos menos que destacar, xa en primeiro termo, o alto nivel científico do conxunto de relatores e relatoras. Unha auténtica constelación de profesionais, das máis diversas ramas e procedencias, e coas máis dispares e variopintas traxectorias. Todos e todas eles conseguiron poñer en xogo e ofrecernos unha pequeniña mostra do seu talento, do seu elevado nivel de profesionalidade, calidade e rigor.

Mais, dende logo, tampouco podemos nin desexamos esquecernos en modo algún, do por suposto tamén alto nivel dos e das asistentes ó Congreso. Grazas pola vosa implicación en cada unha das propostas que vos fomos formulando ó longo destes tres días. Grazas pola vosa actitude (xa non só activa, dinámica ou participativa) senón fondamente comprometida e entusiasta.

Quizais unha das nosas maiores satisfaccións como organizadores deste encontro radica, por unha parte, nesa vosa fantástica resposta e compromiso co evento e, por outra parte, co feito de ter acadado ese ansiado enfoque interdisciplinar, holístico e poliédrico que perseguiamos dende o inicio. Vimos de testemuñar o nacemento dunha profusa produción científica que inspira a facer unha reflexión fecunda en torno ó universo do Alzheimer e dos retos que formula no presente e no futuro.

Ó longo destes días, tivemos a oportunidade de:
  • Vivir eses aspectos prácticos do traballo cotiá cos doentes de Alzheimer e os seus coidadores/as, a través dos distintos obradoiros e as diversas experiencias presentadas, constatando que todos podemos aprender de todos.
  • Puidemos así mesmo, observar as posibilidades que ofrecen os diferentes recursos asistenciais dos que dispoñemos, os últimos avances e investigacións ó redor deste vasto campo de traballo, as diferentes problemáticas, posibilidades e limitacións, existentes e as distintas situacións que se dan nos más heteroxéneos contextos: dende o universo do rural ó marco do urbano.
  • Coincidimos, igualmente, en reivindicar a necesaria sensibilización do conxunto da sociedade respecto a este complexo desafío, na procura da optimización da calidade de vida de enfermos/as e coidarores/as, pois merecen o máximo rigor, esforzo e esixencia pola nosa parte.
  • Destacouse asemade a necesidade de contar cun maior compromiso por parte das diferentes administracións, empresas privadas, colexios profesionais, asociacións, etc.. que deben axudar a dar resposta ás crecentes demandas deste colectivo.
  • Descubrimos igualmente que é imprescindible destinar maiores esforzos a coidar ós coidadores, pois constitúen o piar substancial sobre o que se sostén o sistema. Sen elas e eles o noso labor carece sentido e resulta baleiro.

En definitiva, nos enfrontabamos a un programa realmente denso (cun amplo entramado de ponencias, mesas redondas, obradoiros e conferencias). Un conxunto de intervencións que (precisamente polo seu indubidable valor) serán cumpridamente recollidas e recompiladas no Libro de Actas que publicaremos en breve (niso confiamos) e que vos será remitido. Nel deixaremos boa constancia deste camiño percorrido, tentando rachar coas fronteiras do propio evento para difundir ese froito no noso cavilar conxunto entre as administracións, os responsables políticos, os medios de comunicación, as asociacións, institucións, centros de investigación... e a sociedade en xeral.

Finalmente, tan só quixéramos destacar que nestes días abranguéronse -como vimos de constatar- temáticas tan complexas como diversas, que se suman, aglutinan e coinciden sen embargo nun punto: todos e todas eles coinciden (coincidimos) en amosar con diafanidade e convicción, o noso fondo e mesmo inquebrantable compromiso a prol da defensa dese colectivo (o dos doentes de Alzheimer e outras demencias, e as súas familias) que cada vez enche máis as nosas comunidades e que debería encher tamén os nosos corazóns e as nosas mentes. Por eles/as e para eles/as coido que estamos hoxe aquí todos e todas nós. Ese é o compromiso que nos une como intelectuais, como profesionais, como cidadáns, como persoas. Moitas grazas a todas e todos por axudar a facer real este espazo e darlle sentido auténtico."






Enlaces Política de privacidad Política de calidad
AFALU ® 2018
Casa Clara Campoamor, local nº 8
Avda. Infanta Elena, 11
27003 – Lugo
afalu@afalu.org
Tfno. 982 21 03 81 // 982 263 838 (Solicite cita previa para información)
Inscrita no Rxtro. Único de Entidades de Servizos Sociais da Xunat de Galicia co nº E-1648
Voluntariado Galego