Subvencións para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa operativo de emprego xuvenil. Expediente TR352C

SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS

Con data 01-10-2019, a Secretaría Xeral de Emprego ditou resolución pola que se outorga a AFALU unha subvención para a realización do servizo “Atención Integral e Especializada a enfermos de Alzheimer e outras demencias”  para a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro. Programa Operativo de Emprego Xuvenil , en concreto unha traballadora do grupo 1 (Psicóloga)

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe Prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4. Medida 8.2.4.2

OBXECTIVOS:

Informar, formar, asesorar aos afectados promovendo actuacións e programas destinados a mellorar a situación das familias e unha mellor atención aos enfermos de Alzheimer e outras demencias.

Representar e ser portavoz do conxunto de familiares, así como dos enfermos de Alzheimer e outras demencias para a defensa dos seus dereitos

Desenvolver actividades de sensibilización social respecto á problemática que faga referencia ó posible diagnóstico da enfermidade e terapia da mesma.

ACTUACIÓNS A REALIZAR

Valoración de usuarios, establecemento de plans individualizados de atención, intervención directa nas terapias de psicoestimulación para enfermos de Alzheimer e outras demencias, avaliación das mesmas.

 

NOMBRE SUBVENCIÓN

SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS POLAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO. PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL. EXPEDIENTE TR352C