Centro de día Especializado Friol
O día 21 de setembro de 2021 inauguramos o centro de día de Alzheimer de Friol, situado na Avenida de Santiago 70, baixo.
Este centro conta cunha capacidade de 14 prazas públicas e tamén pódese acceder de xeito privado. É o primeiro centro especializado en Alzhéimer no rural de Lugo. Este centro contará con servizos e atención especializada ao igual que os demáis centros de Afalu. O teléfono de contacto é o 698195887.
Fotos del Centro de día especializado
Programas de intervención
1. ACTUACIÓNS DIRIXIDAS AO PROPIO USUARIO DO CENTRO DE DÍA
- Programa de ingreso e acollida: a través de este programa desenvólvese un proceso de atención individualizada no momento do ingreso dunha persoa no centro, así como unha asistencia aos seus familiares, ca finalidade de facilitar a súa comodidade e acollemento, evitar o rexeitamento ou os medos e minimizar o impacto do estrés.
- Deseño, desenvolvemento e avaliación de Plans terapéuticos individualizados de intervención interdisciplinar dos usuarios do centro: este programa basease no carácter interdisciplinar e de complementariedade entre as diferentes disciplinas implicadas no proceso de atención.
- Programa de intervención terapeútica: os obxetivos deste programa son: ralentizar ao máximo o irremediable deterioro; mellorar a calidade de vida; potenciar a súa autonomía e, con elo, a súa autoestima; reforzar os valores e habilidades residuais positivas.
- Terapias cognitivas
- Estimulación cognitiva: Aplicación de programas previamente deseñados que ariculan tarefas e actividades estructuradas dirixidas a activar e manter as capacidades mentais de xeito integral.
- Orientación á realidade: terapia baseada na orientación temporoespacial e da persoa a través de estimulos visuais, escritas, verbais, etc
- Reminiscencia: potenciar os recordos dos enfermos. É unha maneira de sentirse no presente a partir dos recordos importantes do pasado
- Técnicas de comunicación e terapia de validación: estas técnicas establecen como deben ser as actitudes e como deben interactuar o coidador e o enfermo.
- Terapias funcionais e motrices.
- Estimulación das AVD: o que se pretende con esta técnica é traballar capacidades sensoriais, perceptivas, cognitivas e motrices, estimular as actividades productivas, coas que se acadan resultados, potenciar a relación cos demáis e con un mesmo.
- Psicomotricidade: é unha técnica que pretende favorecer, a través do dominio do propio corpo, a relación e comunicación con un mesmo e cos demáis obxectos e persoas no espazo que lle rodea. Pretende manter o máximo tempo posible as funcións que o enfermo aínda conserva, aportándolle a sensación de seguridade ao facerlle conscientes da rehabilitación dos seus déficits.
- Fisioterapia: conxunto de métodos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación de medios físicos e co apoio doutras ciencias curan, preveñen e adaptan a persoas afectadas de disfuncións psiosomáticase orgánicas ao obxecto de manter un nivel axeitado de saúde.
- Terapia con nuevas tecnologías: Gracias a la tecnología se pueden aplicar una serie de nuevas terapias basadas en la computación como son las que aplicamos con wii y con ayuda de tablets, al poder detectar el movimiento e interaccionar con la pantalla son muy intuitivas para los usuarios que pueden aplicar diversas técnicas adecuadas para la psicomotricidad yla estimulación cognitiva.
- Terapias socializadoras
- Laborterapia: é unha disciplina que programa actividades seleccionadas especialmente polo seu valor físico, mental, emocionale vocacional do usuario. Perseguese a motivación e concentración por parte do enfermo nun traballo ou tarefa determinada co obxectivo de mellorar a súa disposición xeral e de acadar a máxima independencia.
- Musicoterapia: á música utilizada axeitadamente é unha ferramenta que pode lograr acrecentar ou alomemos manter , durante maior tempo posible, o estado físico e mental da persoa enferma e melloar a súa calidade de vida, a súa relación co entorno e a súa autoestima.
- Ludoterapia: trátase dunha técnica de tratamento que utiliza o xogo como medio de expresión e comunicación entre pacientes e terapeuta
- Terapias cognitivas
- Programa de control e mantemento da saúde:
- Programa de alimentación e nutrición: a vigilancia do estado nutricional perimitirá detectar precozmente problemas na alimentación e previr estados de desnutrición que favorezcan unha peor evolución da enfermidade.
- Programa de aseo e hixiene: este programa vai dirixido a fomentar a autonomía e a independencia das actividades de aseo e higiene nas persoas maiores
- Programa de control de esfínteres: o que se pretende con este programa é previr; eliminar e evitar sentimentos de vergoña e angustia da persoa incontinente; implantación dun adestramento vsical nos usuarios que o precisen; implantación de ejercicios para a musculatura pélvica; atrasar ou minimizar a perda de control de esfínteres dos usuarios
- Programa de prevención de caídas: os obxetivos neste programa serán: ensinar os autocuidados sen risco; reforzar a función musculoesquelética; estimular o nivel de atención- concentración; adecuar o entorno e facilitar desprazamentos; potenciar a seguridade e a confianza; inducir despostas posturais axeitadas.
- Programa de control da saúde: a prevención do envellecemento patológico ten como obxectivo cegar a terceira idade nas melloras condicións posibles (a nivel funcional, psíquico e social). Para isto é fundamental o control da saúde dos usuarios sobre os diferentes factores de risco das principias enfermedades e da detección precoz das mesmas.
2. ACTUACIÓNS DIRIXIDAS A PRESTAR APOIO E ATENCIÓN ÁS FAMILIAS/COIDADORES DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA. a. Programa de intervención con familias: os centros especializados deben actuar dun modo integral no achegamento ás familias no convencemento de que estas son unha parte moi relevante no proceso de coidados e de que tamén precisan de coidados.
- Servizo de información, orientación e asesoramento: ten como función proporcionar á familia información básica, solucionar as dúbidas e facilitarlle e axudarlle na posible incorporación ao centro especializado. Entre as que actividades que se pretenden dar: información sobre problemáticas comúns, orientación e resolución de dúbidas; asesoramento individualizado de cada caso.
- Grupos formativos para familias: están orientados á mellora do coidado dotando á familia de recursos que lle permitan a mellora nos coidados ao enfermo pero tamén no autocuidado do coidador, aprendendo pautas de actuación que mellaren tamén a súa autoestima e doténdolle das competencias emocionais que lle permiten un bo axuste emocional.
- Grupo de autoaxuda: os grupos de autoaxuda posibilitan que os coidadores poidan compartir experiencias e vivencias mediante a creación dun espazo terapeútico que posibilite o intercambio e o desenvolvemento persoal así como o axeitado rol do coidador, favorecendo que o síndrome do coidador, que adoita estar presente nestes familiares, se minimice ou poida previrse.
- Servizo de mediación: está destinado a familias con conflictividade familiar e emocional nas cales os criterios de coidado e atención ao enfermo son dispares e as pautas de actuacións divergentes repercuten tanto no proceso físico, coma no psicolóxico e social do coidado.
- Servizo de desfrute do tempo de lecer: diríxese tanto aos usuarios do centro especializado como aos seus familiares, tanto coidadores principias coma ao resto de coidadores secundarios.
- Servizo de atención á dor e o dó: pretende axudar a paliar o sufrimento que levan consigo estas enfermedades irreversibles así como a vivencia dun dó ( ante unha despedida anticipada a tamén nun dó definitivo).