Centro de día Especializado Ourense

Contamos coa xestión do Centro de Día de Alzheimer en Ourense (Acreditado como centro de servizo sanitario, nº de REXCE C-32-001070), na rúa Bernardo González Cachamuiña nº 18, baixo. Tfno 988 615 207. Conta con 30 plazas e dende o 22 de febreiro do 2016 fixémonos cargo da súa andadura.

Fotos del Centro de día especializado

Programas de intervención

1. ACTUACIÓNS DIRIXIDAS AO PROPIO USUARIO DO CENTRO DE DÍA

  1. Programa de ingreso e acollida: a través de este programa desenvólvese un proceso de atención individualizada no momento do ingreso dunha persoa no centro, así como unha asistencia aos seus familiares, ca finalidade de facilitar a súa comodidade e acollemento, evitar o rexeitamento ou os medos e minimizar o impacto do estrés.
  2. Deseño, desenvolvemento e avaliación de Plans terapéuticos individualizados de intervención interdisciplinar dos usuarios do centro: este programa basease no carácter interdisciplinar e de complementariedade entre as diferentes disciplinas implicadas no proceso de atención.
  3. Programa de intervención terapeútica: os obxetivos deste programa son: ralentizar ao máximo o irremediable deterioro; mellorar a calidade de vida; potenciar a súa autonomía e, con elo, a súa autoestima; reforzar os valores e habilidades residuais positivas.
    1. Terapias cognitivas
      1. Estimulación cognitiva: Aplicación de programas previamente deseñados que ariculan tarefas e actividades estructuradas dirixidas a activar e manter as capacidades mentais de xeito integral.
      2. Orientación á realidade: terapia baseada na orientación temporoespacial e da persoa a través de estimulos visuais, escritas, verbais, etc
      3. Reminiscencia: potenciar os recordos dos enfermos. É unha maneira de sentirse no presente a partir dos recordos importantes do pasado
      4. Técnicas de comunicación e terapia de validación: estas técnicas establecen como deben ser as actitudes e como deben interactuar o coidador e o enfermo.
    2. Terapias funcionais e motrices.
      1. Estimulación das AVD: o que se pretende con esta técnica é traballar capacidades sensoriais, perceptivas, cognitivas e motrices, estimular as actividades productivas, coas que se acadan resultados, potenciar a relación cos demáis e con un mesmo.
      2. Psicomotricidade: é unha técnica que pretende favorecer, a través do dominio do propio corpo, a relación e comunicación con un mesmo e cos demáis obxectos e persoas no espazo que lle rodea. Pretende manter o máximo tempo posible as funcións que o enfermo aínda conserva, aportándolle a sensación de seguridade ao facerlle conscientes da rehabilitación dos seus déficits.
      3. Fisioterapia: conxunto de métodos, actuacións e técnicas que mediante a aplicación de medios físicos e co apoio doutras ciencias curan, preveñen e adaptan a persoas afectadas de disfuncións psiosomáticase orgánicas ao obxecto de manter un nivel axeitado de saúde.
      4. Terapia con nuevas tecnologías: Gracias a la tecnología se pueden aplicar una serie de nuevas terapias basadas en la computación como son las que aplicamos con wii y con ayuda de tablets, al poder detectar el movimiento e interaccionar con la pantalla son muy intuitivas para los usuarios que pueden aplicar diversas técnicas adecuadas para la psicomotricidad yla estimulación cognitiva.
    3. Terapias socializadoras
      1. Laborterapia: é unha disciplina que programa actividades seleccionadas especialmente polo seu valor físico, mental, emocionale vocacional do usuario. Perseguese a motivación e concentración por parte do enfermo nun traballo ou tarefa determinada co obxectivo de mellorar a súa disposición xeral e de acadar a máxima independencia.
      2. Musicoterapia: á música utilizada axeitadamente é unha ferramenta que pode lograr acrecentar ou alomemos manter , durante maior tempo posible, o estado físico e mental da persoa enferma e melloar a súa calidade de vida, a súa relación co entorno e a súa autoestima.
      3. Ludoterapia: trátase dunha técnica de tratamento que utiliza o xogo como medio de expresión e comunicación entre pacientes e terapeuta
  4. Programa de control e mantemento da saúde:
    1. Programa de alimentación e nutrición: a vigilancia do estado nutricional perimitirá detectar precozmente problemas na alimentación e previr estados de desnutrición que favorezcan unha peor evolución da enfermidade.
    2. Programa de aseo e hixiene: este programa vai dirixido a fomentar a autonomía e a independencia das actividades de aseo e higiene nas persoas maiores
    3. Programa de control de esfínteres: o que se pretende con este programa é previr; eliminar e evitar sentimentos de vergoña e angustia da persoa incontinente; implantación dun adestramento vsical nos usuarios que o precisen; implantación de ejercicios para a musculatura pélvica; atrasar ou minimizar a perda de control de esfínteres dos usuarios
    4. Programa de prevención de caídas: os obxetivos neste programa serán: ensinar os autocuidados sen risco; reforzar a función musculoesquelética; estimular o nivel de atención- concentración; adecuar o entorno e facilitar desprazamentos; potenciar a seguridade e a confianza; inducir despostas posturais axeitadas.
    5. Programa de control da saúde: a prevención do envellecemento patológico ten como obxectivo cegar a terceira idade nas melloras condicións posibles (a nivel funcional, psíquico e social). Para isto é fundamental o control da saúde dos usuarios sobre os diferentes factores de risco das principias enfermedades e da detección precoz das mesmas.

2. ACTUACIÓNS DIRIXIDAS A PRESTAR APOIO E ATENCIÓN ÁS FAMILIAS/COIDADORES DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA. a. Programa de intervención con familias: os centros especializados deben actuar dun modo integral no achegamento ás familias no convencemento de que estas son unha parte moi relevante no proceso de coidados e de que tamén precisan de coidados.

  1. Servizo de información, orientación e asesoramento: ten como función proporcionar á familia información básica, solucionar as dúbidas e facilitarlle e axudarlle na posible incorporación ao centro especializado. Entre as que actividades que se pretenden dar: información sobre problemáticas comúns, orientación e resolución de dúbidas; asesoramento individualizado de cada caso.
  2. Grupos formativos para familias: están orientados á mellora do coidado dotando á familia de recursos que lle permitan a mellora nos coidados ao enfermo pero tamén no autocuidado do coidador, aprendendo pautas de actuación que mellaren tamén a súa autoestima e doténdolle das competencias emocionais que lle permiten un bo axuste emocional.
  3. Grupo de autoaxuda: os grupos de autoaxuda posibilitan que os coidadores poidan compartir experiencias e vivencias mediante a creación dun espazo terapeútico que posibilite o intercambio e o desenvolvemento persoal así como o axeitado rol do coidador, favorecendo que o síndrome do coidador, que adoita estar presente nestes familiares, se minimice ou poida previrse.
  4. Servizo de mediación: está destinado a familias con conflictividade familiar e emocional nas cales os criterios de coidado e atención ao enfermo son dispares e as pautas de actuacións divergentes repercuten tanto no proceso físico, coma no psicolóxico e social do coidado.
  5. Servizo de desfrute do tempo de lecer: diríxese tanto aos usuarios do centro especializado como aos seus familiares, tanto coidadores principias coma ao resto de coidadores secundarios.
  6. Servizo de atención á dor e o dó: pretende axudar a paliar o sufrimento que levan consigo estas enfermedades irreversibles así como a vivencia dun dó ( ante unha despedida anticipada a tamén nun dó definitivo).