🧶 Entre fíos e palabras 💜
O mércores 30 de outubro,  vivimos en AFALU unha desas tardes que deixan bo sabor de boca.Un encontro de ganchillo, aprendizaxe e, sobre todo, de compartir. Entre fíos, agullas e conversas fomos deixando a un lado as présas da rutina para aprender, rir, intercambiar experiencias e simplemente gozar de estar xuntos.
Porque ás veces unha actividade aparentemente sinxela pode abrir moito máis espazo: para coñecer outras persoas, crear vínculos, manterse activo, aprender algo novo e sentirse parte dun grupo. E ese tamén é un xeito de coidarnos.

Queremos agradecer de maneira especial a Silvia Barreiro, que nos acompañou nesta sesión e nos ensinou, con moita paciencia e agarimo, a técnica do amigurumi. Grazas por compartir os teus coñecementos e por facer posible que esta tarde se enchese de fíos, palabras e bos momentos💜
E grazas tamén a todas as persoas que participastes e puxestes da vosa parte para que «Entre fíos e palabras» fose ese espazo tranquilo e agradable que queriamos crear.

En AFALU seguiremos apostando por actividades que nos permitan compartir, aprender e coidarnos tamén a través das relacións cos demais.

Ogallá esta sexa a primeira de moitas tardes en boa compaña 💜