A túa mirada marca a diferenza. Súmate ao equipo de AFALU!
Hai moitas maneiras de acompañar. En AFALU buscamos persoas que saiban escoitar, comprender e ver a persoa máis alá do diagnóstico. Profesionais con empatía, compromiso e ganas de sumar nun equipo que traballa polo benestar das persoas con alzhéimer e outras demencias e das súas familias.
Abrimos proceso selectivo para os seguintes postos:
  • Psicólogo/a.
  • Auxiliar de enfermaría / técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia / técnico/a en atención sociosanitaria.
  • Traballador/a social / educador/a social.
Que ofrecemos?
• Contrato de 1 ano.
• Xornada parcial de 6 horas ao día.
Requisitos para participar
• Estar en situación de desemprego e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.
• Non poden ser contratadas aquelas persoas que estivesen contratadas anteriormente por calquera entidade durante un período de 180 días ou máis, ao abeiro de subvencións concedidas mediante ordes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ou da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración nos anos 2023, 2024 ou 2025.
Se compartes esta maneira de coidar, queremos coñecerte!
Envía o teu CV a [email protected] ou a través de:
Contratacións financiadas polos programas de cooperación da Xunta de Galicia.
Comparte esta oportunidade: pode chegar á persoa que estamos buscando.