Hoxe, 15 de maio, celebramos a quen está sempre aí: as familias .
En AFALU, vemos cada día o papel fundamental que xogan no coidado, o acompañamento e o amor cara ás persoas con Alzheimer ou outras demencias.
Por iso, este ano celebrámolo poñéndolle aos nosos usuarios algún video que as súas familias nos fixeron chegar con motivo deste día.
Grazas pola vosa entrega, paciencia e forza
Porque detrás de cada persoa afectada, hai unha familia que loita, que sostén, que non se rende .
Hoxe é o voso día.
Grazas por tanto.




