Inicio Actividades Letras Galegas 2025 en AFALU

Letras Galegas 2025 en AFALU

Este ano está dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral.
Un recoñecemento ás mulleres que, coa súa voz, mantiveron viva a nosa lingua e cultura.
En Afalu, a música é unha aliada imprescindible.
Recurrimos a ela cada día como ferramenta de estimulación, emoción e comunicación… Neste vídeo, as voces das nosas persoas maiores resoan en galego, a súa lingua de sempre, coa que seguen tecendo vínculose emocións.
Dende a nosa asociación, traballamos cada día para que a comunicación siga sendo unha ponte, tamén cando o Alzheimer ou outras Demencias Neuroxenerativas poñen barreiras.
Por iso dende Afalu desexámosvos un feliz Dia das Letras Galegas!!