Inicio Avisos y Noticias O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibe á nosa presidenta

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibe á nosa presidenta

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu na Casa do Concello á presidenta de AFALU, Mª Carmen Pena Ledo, nun encontro no que abordaron as principais necesidades das persoas afectadas por demencias neurodexenerativas e das súas familias.“A atención ás persoas con Alzheimer e outras demencias é un compromiso prioritario para nós, e colaborar con AFALU axúdanos a orientar as políticas locais de benestar e prevención”, sinalou o alcalde de Lugo.

Agradecemos o agarimo e a atención demostrado por parte do alcalde de Lugo cara a AFALU.