Con motivo do Día Mundial do Alzheimer recibimos a visita do Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado pola Vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Elena Candia e polo Director Territorial de Política Social, Oscar Viñas, ao Centro de Día de Alzheimer de Lugo, pertencente á rede pública de centros de día de Alzheimer de Galicia.
Nesta visita pudieron observar de primeira man o traballa que fai AFALU no día a día na atención deste centro público.
Tamén aproveitamos para pedir o apoio dende a Xunta de Galicia a diversos proxectos que ten a asociación cara o próximo ano, así coma diversas necesidades que teñen tanto as persoas coa enfermidade de Alzheimer coma os seus familiares e coidadores.
Nesta visita participaron por parte de AFALU, o noso Director, Valentín Calvín, a nosa vicepresidenta, Iria Franco, a responsable de Educación Social, Esther Trashorras e a coordinadora de atención directa, Rebeca López.





