Este ano contamos con unha actuación do máis emocionante e tenra… os máis pequenos das Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol. Con una calidade moi superior a idade que teñen. Transmitítonnos amor e felicidade. E que decir da maravillosa actuacuón de Gerald Vázquez, un luxo.
GRACIAS.
Graciñas a tódalas persoas que nos acompañástedes nesta cita.
Recalcar o agradecemento a tantas autoridades con representación de múltiples institucións da sociedade galega. É un pracer, coma entidade social, verse tamen aopoiada nesta cita e no traballo diario polas institucións públicas.
Que dicir das familias, coñecemos a dificultade de acudir a este tipo de actos polo que sabemos o que significa que viñerades a acompañar. Graciñas de corazón.
Tamén otorgamos o Premio AFALU ao Voluntariado 2025 que recaeu no grandísimo Xulio Xiz. Como dixo a nosa vicepresidenta na presentación do premio: «Sempre ten o ánimo e a facultade de facer fácil o difícil e, para AFALU, sempre ten un SI nos seus beizos. Un si xeneroso, un si sen nada a cambio, un si de corazón.»
Deixámosvos unha escolma de momentos para recordar:






