Inicio Actividades Samaín en AFALU

Samaín en AFALU

Levamos toda a semana preparando o Samaín en tódolos centros de AFALU.
Os nosos usuarios puxéronse ao choio co baleirado e pintado de cabazas cada quen co seu toque persoal.

Mentres traballabamos nelas, non faltaron as risas, as conversacións e algún que outro sustiño simpático, porque o importante é gozar do momento e manter vivas as nosas tradicións.

O Samaín é tamén unha ocasión perfecta para compartir lembranzas, lembrar costumes de antes, crear novas experiencias e seguir celebrando xuntos cada pequeno momento 🧡.

Mentras tanto desfrutemos do Samaín 🎃👻💀 e recordando aos nosos defuntos, comeremos osos de santo e bolos de vento 💜💜