Inicio Avisos y Noticias Relaxación e xestión do estrés en Muras

Relaxación e xestión do estrés en Muras

En Muras estamos a realizar unhas sesións de relaxación e xestión do estrés tódolos venres ás 16:30 ata as 17:00 aberta a toda a veciñanza.
Estes momentos axudan a conectar co corpo, baixar o ritmo e prepararnos para traballar a mente con máis calma e claridade.
A relaxación contribúe a unha vida activa e saudable, xa que:
-Reduce o estrés e mellora o benestar emocional.
-Favorece a concentración e a memoria.
-Regula o sistema nervioso, diminuíndo tensións e mellorando o descanso.
-Prevención da fatiga mental, especialmente en persoas con alto traballo emocional coma as persoas coidadoras.
-Mellor xestión de conflitos xa que ao estar máis acougadas, as persoas comunícanse con máis claridade e empatía.
-Aumenta a sensación de tranquilidade e control, mellorando o estado de ánimo.
Coidar a mente e o corpo tamén forma parte de unha vida plena.
Esta iniciativa realízase coa colaboración do Concello de Muras e a Consellería de Política Social e Igualdade.