Esta semana celébrase o 25° aniversario da declaración como Patrimonio da Humanidade da UNESCO da Muralla de Lugo con diversos actos das distintas administracións públicas.
Acudimos ao concerto da pianista Isabel Dobarro na sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

Tamén compartimos un momento da historia no desfile das asociacións de recreación histórica do Arde Lvcvs na Muralla e finalizamos co acto institucional do Concello de Lugo celebrado no auditorio Fuxan os Ventos.





