O próximo 19 de decembro membros da Policía Local de Lugo farán unha carreira solidaria dende a Catedral de Lugo ata a Catedral de Santiago de Compostela polo Camiño De Santiago.
Esta carreira ten como fin visibilizar a labor de AFALU e recaudar doazóns en forma de Dorsal Solidario para que poidamos seguir traballando cada día na atención e axuda ás persoas con alzheimer e outras demencias neurodexenerativas e as súas familias.
Poderase colaborar co Dorsal Solidario de dous xeitos:
– Doazón no número de conta: ES45 2100 2183 5702 0014 4227
– Doazón por BIZUM, co código para donativo: 06071




