Empezamos o ano e queremos expresar o noso máis profundo agradecemento á familia de David Núñez López que leva moitos anos colaborando con AFALU e tras o triste falecemento do seu fillo quixo facer unha doazón en memoria de David.
Este acto reflicte a esencia de quen foi unha persoa empática, xenerosa e sempre atenta ás necesidades dos demais. Gracias David por ser unha persoa tan única e inesquecible.
Nestas datas do Nadal, nas que o espírito de solidariedade e proximidade faise máis presente, accións como esta lémbrannos que o amor e a bondade perduran máis aló do tempo
Grazas por manter presente o seu espírito solidario entre nos.
E, para quen sinta ese espírito de cooperación, sempre é posible sumarse ao apoio que AFALU ofrece cada día, brindando coidado e proximidade a tantas familias que o necesitan.
Se desexas colaborar, podes facer a túa doazón na conta: ES45 2100 2183 5702 0014 4227 ou facerche socio en https://afalu.org/faiche-socio/




