Inicio Avisos y Noticias Entroidos diversos en AFALU

Entroidos diversos en AFALU

Celebramos o Entroido como mellor sabemos facelo: con ilusión, participación activa e moita emoción compartida.
Aproveitamos esta temática para facer o noso propio entroido tanto nos Centros de Día de Alzheimer coma na Unidade Terapéutica e nos obradoiros de envellecemento activo e prevención. Cada quen cas súas diferencias e necesidades pero unha festa común.
Ao longo destes días levamos a cabo distintas actividades pensadas para estimular capacidades cognitivas, emocionais e sociais:
  1. Laborterapia: elaboración de máscaras personalizadas, traballando motricidade fina, creatividade e coordinación óculo-manual. Cada máscara foi única, coma cada unha das persoas que a fixeron.
  2. Reminiscencia: compartimos recordos doutros entroidos, falando de disfraces tradicionais, festas da aldea e costumes de antes. Un espazo para activar memoria autobiográfica e fortalecer identidade.
  3. Baile: a música encheu a sala e puxo a todos en movemento, favorecendo a expresión corporal, o ánimo e a cohesión grupal.
  4. Tentempié con doces, estimulando tamén os sentidos a través do gusto e do olfacto.
O Entroido é tradición, cultura e emoción… e en AFALU convertémolo tamén en terapia, estimulación e calidade de vida