Tempo de Escoitar é un proxecto que poñemos en marcha e que busca dar apoio e acompañamento dirixido a persoas con deterioro cognitivo e ás persoas coidadoras que poden sentirse soas ou en situación de vulnerabilidade. A través dun equipo de profesionais, ofrécese escoita, orientación e atención personalizada para mellorar o benestar emocional e social.
O proxecto busca previr o illamento, fomentar as relacións persoais e promover unha mellor calidade de vida, favorecendo a autonomía e a participación na comunidade.




