En AFALU seguimos dando pasos para facer realidade un proxecto moi importante para as persoas con alzhéimer e as súas familias.
Xunto ao Concello de Lugo, avanzamos na creación dun novo Centro de Respiro e Residencia no antigo Hospital de Calde. O anteproxecto contempla 27 prazas e un investimento estimado de 2,2 millóns de euros, co obxectivo de ampliar os recursos de atención e ofrecer un maior apoio ás familias coidadoras.
Este novo servizo complementará os servizos que xa ofrecemos e supoñerá un avance crave para mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas.
Grazas a todas as institucións e persoas que fan posible seguir construíndo un futuro con máis coidados, máis apoio e máis oportunidades.
💜 Seguimos traballando con cariño polas persoas e as familias que máis o necesitan.




