En Afalu estamos levando á cabo o proxecto de «inclusión integral de mulleres coidadoras no rural» en diversos concellos do rural de Lugo mediante un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade.
Mediante este proxecto pretendemos apoiar a mulleres coidadoras do rural, especialmente nas zonas pouco poboadas (ZPP) con grupos de apoio mutuo, atención psicolóxica e social, mediación comunicativa así como orientación laboral (entre outros).
Dende unha abordaxe multidisciplinar traballamos para a inclusión integral das mulleres coidadoras, recoñecendo a súa labor e xerando espazos de apoio, capacitación e empoderamento.
Mediante unha entrevista inicial fixaranse uns obxectivos de traballo para cada participante. Ademáis de reunións individuais presenciais e online realizaranse diversas reunións grupais ao longo de todo o proxecto.
As reunións grupais inicialmente fixadas son as seguintes, pero as reunións individuais son a demanda e plantexaranse novas reunións grupais segundo os intereses das participantes.
Rábade
6 de Maio-Taller educación financieira básica
18 e 25 de Xuño-Grupo de apoio mutuo
31 Xullo-Taller grupal sobre axudas e subvencións para o fomento da contratación así como orientación laboral.
Muras
22 Maio-Taller empoderamento e liderazgo
5 Xuño-Grupo apoio mutuo
19 Xuño-Actividade interxeracional
21 de Agosto-Grupo apoio mutuo
Cospeito:
6 de Maio-Taller alfabetización dixital e ferramentas para a búsqueda de emprego
3 Xullo e 7 de Agosto-Grupo de apoio mutuo
Outeiro de Rei
10 e 17 de Xuño-Grupo apoio mutuo
31 de Xullo-Taller grupal sobre axudas e subvencións para o fomento da contratación así como orientación laboral.
Friol
24 de marzo, 28 de abril, 26 de Maio, 23 de Xuño, 28 de Xullo e 25 de Agosto – grupos de apoio mútuo
23 de Xuño-Actividade interxeracional
Talleres online
8 de Abril-Taller comunicación asertiva
15 de Xullo-Taller de alfabetización dixital e orientación laboral
12 de Agosto- Taller educación financiera básica
Si estás interesada, pide a túa cita no 607843384




