Inicio Avisos y Noticias Gala AFALU, música polo alzheimer

Gala AFALU, música polo alzheimer

GALA AFALU · MÚSICA POLO ALZHÉIMER
Hai melodías que nos acompañan toda a vida, cancións que nos traen recordos, emocións e momentos compartidos.
Este setembro volvemos xuntarnos para celebrar a música e, sobre todo, para dar visibilidade ao Alzheimer e ás persoas que conviven con el cada día. Acompáñanos o:
  • Sábado, 19 de setembro
  • Círculo das Artes de Lugo
  • 20:00 h
Contaremos coa actuación das Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.
Unha noite para escoitar, compartir e lembrar que, detrás de cada diagnóstico, hai persoas, familias, historias e moitos momentos que merecen seguir sendo vividos.
Porque a música tamén conecta. Porque a memoria tamén se comparte.
Agardámoste na Gala AFALU, Música polo Alzhéimer.