A gripe vai chegar…

As persóas que traballamos con enfermos de patoloxías neurodexenerativas debemos vacinarnos fronte a gripe 🤧
-Por qué vacinarse fronte á gripe?🤔
A vacinación é o método máis eficaz para poder diminuír o número de casos de gripe, así como as complicacións graves e as mortes derivadas do seu padecemento, especialmente nos grupos de risco.🤗
En persoas de idade avanzada a vacina reduce a enfermidade e complicacións ata un 60% e as mortes nun 80%.

-Por que hai que vacinarse cada ano?🤔
A vacina da gripe é a única vacina que se reformula cada ano, en resposta á variación constante dos virus gripais👾👾, co obxectivo de que os virus incluídos na vacina concorden cos circulantes. Por esta razón é necesaria a vacinación anual.

-A vacina pode provocarme a gripe?🤔
¡NUNCA!
As vacinas antigripais utilizadas conteñen soamente virus inactivados (NON INFECCIOSOS), polo que é imposible que cause a gripe.
(Fonte: https://gripe.sergas.es/)

Nos xa comezamos a vacinarnos, e ti?