Inicio Avisos y Noticias I Foro Alzheimer en Ribadeo

I Foro Alzheimer en Ribadeo

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Benestar Social, Saúde e Familia, e AFALU organizan o I Foro Alzheimer, unha xornada dedicada á información, ao apoio e aos recursos para persoas afectadas, familias e coidadores.

O encontro desenvolverase o 30 de maio no Salón dos Alcaldes, de 10:00 a 19:00 horas, cun programa que incluirá charlas especializadas, mesas redondas, experiencias de familias, talleres e información sobre recursos dispoñibles.

Un espazo de sensibilización, acompañamento e aprendizaxe que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e AFÁN Burela.

  

diptico_A5_jornadas