Esta fin de semana tivemos a oportunidade de asistir ao Congreso Internacional de Xeriatría e Xerontoloxía: “vivir máis, vivir mellor; dignidade, dereitos e coidado na lonxevidade”
Este foi un espazo de encontro, aprendizaxe e intercambio de coñecemento arredor do envellecemento, os coidados e a atención ás persoas maiores, que nos permitiu coñecer novas investigacións, enfoques de intervención e experiencias profesionais centradas na mellora da calidade de vida das persoas maiores.
Tamén puidemos expoñer a actividade de AFALU grazas aos fondos públicos da man do noso director Valentín Calvín.
Seguir formándonos e actualizando coñecementos é fundamental para continuar ofrecendo unha atención máis humana, individualizada e baseada na evidencia.





