A memoria nos camiños

Comezamos a campaña do día mundial do Alzhéimer, na que durante este mes, adicado ás demencias faremos diferentes actividades. 
A primeira delas é a colocación de «Alois». É un proxecto en colaboración con Federación Alzhéimer Galicia , a Xunta de Galicia, o Xacobeo 2021 , que consiste na colocación dunha sinalización en forma do logo de Fagal (Alois) polas diferentes rutas do Camiño de Santiago. O Alois de AFALU podédelo atopar xunto a praza Pío XII, cerquiña da nosa Catedral e da Muralla. 
#Xacobeo2021#oteuXacobeo#amemorianoscaminos#poñamosenvalorocoidado#AFALU#FAGAL#Galicia#diamundialdoalzheimer#Lugo#muralladeLugo#CatedraldeLugo

Pensando no pasado e no futuro, nos que estaban, nos que están e nos que virán… POÑAMOS EN VALOR O COIDADO

E invitámosvos a ver o vídeo sobre o valor do coidado que realizou a nosa federación:

#poñamosenvalorocoidado#alzheimer#AFALU#amemorianoscaminos#FAGAL