Este ano o Día das Letras Galegas adícase a un veciño, ó gran Manuel María, nado en Outeiro de Rei no 1929.
Entre a escolma de poemas que fixemos o que máis lle gustou ós nosos usuarios foi o seguinte:
O cuco o cuco cuqueiro
O cuco cuco cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
Óese pola carballeira
o vello cuco souril.
O cantar da primaveira
Entre o Marzo e o Abril.
O cuco, o cuco cucou
E moito máis cucará,
E non me capou
E nunca me capará.
Todas as mañas ben cediño
Canta o cuco cú-cú
Como o teño por veciño,
Trato o cúco de tú.