A qué esperas para unirte ó Equipo AFALU?

En Afalu estamos a levar á cabo unha campaña de sensibilización e queremos que comprendades o importante que é para nós que colaboredes…

POR QUÉ É IMPORTANTE FACERSE SOCIO?

Cantos máis socios teña unha entidade máis estabilidade económica terá para levar a cabo todos os seus proxectos. Cantos máis socios ten unha entidade máis presión pode facer nas administración públicas e outros organismos

Ser socio de Afalu só costa 5 euros ao mes e colaboras cunha entidade que:

-Loita pola dignidade e os dereitos das persoas doentes de demencias neurodexenerativas e os seus familiares

-Visibiliza a realidade das demencias neurodexenerativas e as necesidades destas persoas e os seus familiares

-Apoia a estas familias

-Ofrece diferentes servizos de estimulación cognitiva e rehabilitación ós doentes de Alzheimer e outras demencias e sen a aportación dos socios isto sería imposible

Ademáis…

-Contamos con varias unidades de atención a persoas con demencias neurodexenerativas en diversos grados e en distintos concellos da provincia

-Tamén con unha unidade de estimulación cognitiva preventiva

-Prestamos asesoramento integral a todas as persoas que contactan con nós

-Formamos a coidadores, familias e profesionais para que sexan capaces de aportar unha calidade asistencial con estes doentes.

-Favorecemos os encontros con outras persoas que están pasando por situacións similares

-Realizamos diversos obradoiros de estimulación cognitiva nas zonas rurais

-Temos grupos de apoio mutuo a familiares de xeito gratuíto

E por se isto fose pouco….

Desgrava en Facenda!

A qué esperas para facerte socio? 💜🧡