A Radio

Cada 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, un medio de comunicación que tanto significou e segue significando para todos nós e en especial para os nosos maiores. Por este motive en AFALU ao longo do día de onte realizamos diferentes actividades significativas ao redor da Radio. Por unha banda actividades grupais de reminiscencia lembrando entre todos os distintos tipos e modelos de radio desde os anos 30 ata a actualidade, e aqueles anuncios da radio que nos traen á memoria imaxes da nosa nenez e mocidade. Noutros grupos utilizamos a técnica de role playing e realizamos un breve programa de radio “Que significou a radio na túa vida” con cancións para o recordo, que seguro que nos farán gozar.

Agardamos seguir tendo moitos felicísimos Días da Radio para todos.