Aberto todo o ano

En xullo a nosa Unidade Terapéutica de Lugo continúa en pleno funcionamento, nesta ocasión estivemos realizando unha actividade que consistía en colocar os pasos dunha determinada actividade en orde, o que implicaba a estimulación das funcións executivas. Estas son un conxunto de habilidades cognitivas que nos permiten planificar, organizar, tomar decisións, resolver problemas e controlar as nosas accións; algo que se pode ver afectado en persoas con demencias neurodexenerativas 🧠.

A medida que a enfermidade progresa, as persoas con Alzheimer ou outra demencia poden experimentar dificultades para levar a cabo tarefas complexas que requiren un alto nivel de planificación e organización 🤔. Por exemplo, poden ter problemas para lembrar citas médicas, administrar as súas finanzas ou seguir instrucións detalladas.

Ademáis, poden presentar cambios na súa capacidade para tomar decisións adecuadas e resolver problemas de maneira eficiente; tendo problemas para avaliar diferentes opcións, anticipar consecuencias ou adaptarse a situacións novas 🤯.

Así que xa sabedes que en verán en AFALU continuamos coa nosa actividade de maneira normal polo que seguides contando con nos nos Centros de Día, Unidade Terapéutica, Unidade Preventiva, programa Activa-Mente, atencións individuais, grupo de familias, SAF… e todo o resto de recursos que temos á vosa disposición.