Activa-Mente Muras, voltamos en setembro!

Puxemos o broche final a este curso tan especial no obradoiro Activa-Mente de Muras. Foi unha xornada chea de risas, aprendizaxes e moitos xogos que puxeron a nosa mente a traballar a tope!

Grazas a todas as persoas participantes por poñerlle tantas ganas e ilusión cada tarde de venres. Seguir activando a memoria e compartindo momentos xuntos é marabilloso.

Vémonos en setembro con máis actividades, máis retos e, sobre todo, máis sorrisos. Feliz verán!