Actividade interxeneracional no CPI Dr. López Suárez

As actividades interxeneracionais supoñen un beneficio moi importante tanto para os maiores como para os nenos , por iso, dende Afalu, con motivo do día Mundial do Alzheimer, acudimos ao CPI Dr. López Suárez de Friol.
A finalidade desta visita foi procurar achegar aos máis pequenos o concepto de Alzheimer para que poidan así comprender qué é o que pasa cando os nosos maiores atravesan por este proceso.
Para visibilizar esta enfermidade realizamos cos nenos de 3• e 4• de primaria unha serie de dinámicas lúdicas: contacontos , xogos de estimulación sensorial…
Contamos coa axuda de Asunción López, unha das nosas usuarias do obradoiro preventivo Activa-Mente de Friol que, ademáis, foi directora e profesora  deste centro educativo, e explicoulles aos máis pequenos, entre outras cousas, como era a escola cando ela era nena e os cambios que se foron dando co paso do tempo.

#Afalu #alzheimerlugo #actividadeinterxeneracional #nenosemaiores #coidardosavós #aprendixaxe #comprensión