Dende AFALU queremos invitarvos a participar nas actividades que temos programadas durante todo o mes de setembro e que teñen como fin dar visibilidade, apoio e recoñecmento ás persoas enfermas de alzhéimer, as súas familias, coidadores e persoal que lles dedica o seu traballo diario.
Xa sabedes que sempre intentamos destacar a necesidade do autocoidado e da prevención, así como o valor dos coidadores e a necesidade de que teñan un respaldo e un lugar onde asesorarse, atopar apoio e formarse con calidade.
Por todo isto fixemos unha variedade de actividades para que poidan encaixar en tódolos perfís: formación, obradoiros de envellecemento activo, actividades interxenaracionais, actividades para coidadores e para as persoas que temos nos nosos centros, visita virtual adaptada a Lugo gracias a Guido Guía, iluminación de edificios públicos, unha xornada aberta de recuperación do ancestral traballo do liño coa artesana Lourdes Otero, información na rúa e incluso a colaboración do Breogán ao dedicarnos un partido e vir acompañarnos nas mesas o día 20.
E como acto central, invitámosvos a que nos acompañedes na Gala AFALU, e disfrutar da maravillosa música de Sons e Soños e o Coro do Hospital de Lugo, nunha actuación moi especial o sábado 14 ás 20:00 no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Onde tamén se entregará o Premio AFALU ao Voluntariado 2024, realizado por artesáns torneiros da Asociación Amigos da Madeira de As Pontes, e que este ano recae no profesor Dr. Jesús Rodríguez Rodríguez, colaborador incansable de AFALU dende máis de 15 anos.