Actuación na praza de San Marcos da Banda de Rábade-Begonte-Outeiro

Hai amigos que sabes que sempre estarán ao teu carón e, neste ano tan complicado, contar co luxo de que estes grandes amigos nos dediquen un concerto é un dos maiores regalos que podemos ter.
Desafogo musical contra a pandemia

Actuación na praza de San Marcos da Banda de Rábade-Begonte-Outeiro, sábado 21 de novembro, as once e media.

A Banda de Rábade-Begonte-Outeiro de Rei, da Asociación Músico Crisanto, realizou unha actuación diante da Deputación Provincial, na praza de San Marcos, como un desafogo musical-declaración vital contra a pandemia, nun concerto que será gravado e logo difundido pola Rede para contribuir a crear un ambiente musical de esperanza diante da situación socio-sanitaria actual.
Nesta actuación, a Banda, que dirixe o profesor Armando Morales, vai contar con diversos solistas convidados, entre eles media ducia de cantantes, que intervirán ofrecendo diversos temas. Entreles, o cantante chairego ADRIAN VIGO, interpretará “Un mundo maravilloso”, en sintonía cunha iniciativa xurdida na Manga do Mar Menor en defensa do extraordinario valor natural daquel enclave do sudeste hispano.
A actuación ven ser, asimesmo, un recoñecemento ao labor de AFALU, a Asociación lucense de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, polo seu extraordinario labor a prol destes enfermos e das súas familias.

Coma sempre non temos palabras para agradecer esta iniciativa, este regalo que vai de corazón a corazón 💜🧡 🎶