AFALU: 20 anos atesourando recordos 

Hoxe comezamos os actos en conmemoración do Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro).

Como podedes ver teremos unhas semanas cargadas de actividades que agardamos que vos sexan de interese e veñades a acompañarnos.

Cabe resaltar:

O día 16 teremos o acto central conmemorativo con un concerto a cargo da Asociación Músico Crisanto, no Círculo das Artes ás 20:00

O 21 pola mañá estaremos en 3 puntos da cidade (Pza. San Marcos, Rda da Muralla diante do edificio multiusos da Xunta e na Pza. Maior) facendo distintas actividades co noso equipo multidisciplinar.

AFALU: 20 anos atesourando recordos