AFALU di NON á Violencia de Xénero

Hoxe, día 25 de Novembro, reivindícase o Día Internacional contra a violencia de xénero e en AFALU sumámonos a esta reivindicación dicindo NON.

Ademáis, neste caso queremos acordarnos de todas as mulleres maiores, especialmente as coidadoras que sofren de maior illamento. Segundo a macroenquisa sobre violencia sobre a muller do ano 2015, entre as mulleres maiores de 65 anos, un 6.1% sufriron violencia física ou sexual e un 17.9 % violencia psicolóxica de control.

O colectivo de mulleres maiores víctimas de violencia de xénero caracterízase por unha diferenza de roles na parella, polo medo a quedar soas e por ter unha situación económica e cultural máis dependente.

Deixámosvos o enlace sobre o manual de violencia de xénero en persoas maiores da Xunta de Galicia: https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/programas/manual_violencia_maior.pdf