Día de vernos a pe de rúa, polo que estivemos o 14 de maio pola mañá, na praza de San Marcos e na praza Maior para informarvos sobre os servizos e actividades de AFALU, ou calquera dúbida que tivérades acerca das demencias neurodexenerativas.
Tamén agasallamos ás persoas que se achegaron con un marcapáxinas co gallo do Día das Letras Galegas, realizado nos obradoiros de laborterapia que temos en AFALU.
Deixámosvos a reportaxe que fixo TIC: