É común que o cambio de hora provoque unha serie de cambios físicos, psicolóxicos e comportamentais nas persoas con alzhéimer e outras demencias, podendo causar alteracións do sono, maior inquietude e axitación e a aparición do coñecido como síndrome do ocaso. Por iso, o obxectivo desta sesión será adiantarnos á aparición dos posibles síntomas asociados ao CAMBIO DE HORA, así como proporcionar información e ferramentas para abordalos.
Animámosvos a participar e recordamos que se trata dun espazo onde poderemos resolver dúbidas, intercambiar puntos de vista e compartir experiencias.
Podédesvos informar no 607843384 ou en [email protected]