Hoxe, día 25 de Novembro, reivindícase o Día Internacional contra a violencia de xénero e en AFALU sumámonos a esta reivindicación dicindo NON.
Unímonos a XI andaina ‘Camiño ao Respecto’ neste caso dende Lugo cos nosos usuario/as facendo un roteiro axeitado ás súas capacidades.
Ademáis, neste caso queremos acordarnos de todas as mulleres maiores, especialmente as coidadoras que sofren de maior illamento. Segundo a macroenquisa sobre violencia sobre a muller do ano 2015, entre as mulleres maiores de 65 anos, un 6.1% sufriron violencia física ou sexual e un 17.9 % violencia psicolóxica de control.
O colectivo de mulleres maiores víctimas de violencia de xénero caracterízase por unha diferenza de roles na parella, polo medo a quedar soas e por ter unha situación económica e cultural máis dependente.