Hoxe ás 18:30 no C.S. Uxío Novoneyra comezaremos a nosa celebración do Día Mundial do Alzheimer coas conferencias de dúas grandes profesionais, por unha parte contaremos coa avogada Sabela Vázquez Carballar que nos informará sobre a Normativa sobre a protección xurídica dos maiores, e despois a nosa psicóloga especialista en xerontoloxía e coa que temos a sorte de contar no día a día traballando cos nosos usuarios, disertará sobre a Intelixencia Emocional.
Animámosvos a todos a participar e poder así solventar as vosas dúbidas sobre estes importantes temas.