Axúdanos a axudar

Dende á area social hoxe queremos falarvos da importancia de ser socio dunha entidade como AFALU e da importancia das doazóns.
Estamos case rematando o ano e grazas as cotas de socios, que son só 5 euros ao mes e de doazóns, podemos levar a cabo moitas das nosas actividades como  o grupo de familias gratuíto, a formación a coidadores e profesionais e prestar un trato máis cercano e humán as nosas familias.
Así mesmo, recordámosvos, que todas estas cotas de socio e doazóns, desgrávanse en Facenda na declaración do IRPF. Aínda estás a tempo antes de que remate o ano de facer unha doazón no noso número de conta ES45 2100 2183 5702 0014 4227 ou a través de Bizum co código 06071.
Podes asociarte no seguinte enlace:
En poco máis dun mes, estaremos festexando as festas do Nadal cas nosas familias, por iso é un bó momento para acordarnos das persoas que máis o necesitan, aínda que eles non se acorden de nós.