Obradorio de cabazas

Coa chegada do Samaín 👻🎃💀🕸, en Afalu estamos decorando os centros e realizando actividades lúdicas diferentes ás habituais. Sempre procuramos centralas no noso contexto potenciando as características da nosa cultura tradicional, pero nalgunhas ocasións, como nesta, modernizámonos coas novas tradicións, ofrecendo alternativas culturais e educativas.⁣
Hoxe realizamos un obradoiro de elaboración de cabazas 🎃 terroríficas!
Con esta actividade conseguimos que os nosos usuarios 👵🏻👴🏻 manteñan a capacidade de realizar movementos coordinados mentres se concentran 🧠 para non esquecer as instruccións que lles ofrecemos, estimulan a motricidade fina 🖐🏻 e potencian a creatividade á par que se divirten e potencian as relacións interpersoais.⁣
Este venres agárdanos unha gran festa 🧛‍♂️🧙🏻‍♀️🧹🕷🕸🥳 terroríficamente divertida 😂⁣