O partido do día 10 de xaneiro, Leite Río Breogán – CB Almansa, primeiro do 2020 para o Breogán na casa, será dedicado á nosa asociación.
Queremos dar as grazas á Deputación de Lugo e o CB Breogán por contar sempre co seu apoio e poder dar visibilidade á nosa asociación e deste xeito poder informar á xente dos programas e actividades que lles podemos ofrecer tanto para os enfermos e as familias como as persoas sanas que queren facer prevención e evitar pequenos despistes coma os lapsus.
En AFALU traballamos cada día dende hai 18 anos polos enfermos de demencias neurodexenerativas e polas súas familias. Actualmente estamos incidindo na labor de prevención que implica a práctica deportiva regular, unha dieta saudable, unha vida social activa e unha estimulación cognitiva adecuada.
Agardámosvos no Pazo
ForzaBreo!!!