Fomos convidados polo IES Sanxillao para realizar unha actividade cun grupo de alumnos de 2º ESO e 2 º BACH relacionada coa película «Engurras».
Tras a realización do CinemaFórum no cal abordamos toda a engrenaxe e transfondo do filme, puidemos compartir cos alumnos o traballo que realizamos en Afalu nos Centros de Día, nas diferentes Unidades e obradoiros.
Abordamos a importancia do traballo individualizado e en conxunto de todo o equipo multidisciplinar do centro e a necesidade que teñen os enfermos de alzhéimer e/o outras demencias neurodexenerativas así como todos os maiores en xeral, de ser ben atendidos promovendo o envellecemento activo e erradicando o «idadismo«. Así mesmo mostramos tamén a necesidade que teñen as familias de contar cunha boa rede de apoio e poder así exercer de soporte fundamental para o seu familiar.
Agradecemos enormemente ao IES Sanxillao esta bonita oportunidade de ensinar ás novas xeracións e trasladarlles as necesidades dos máis maiores.