O asistente persoal é unha figura de apoio á autonomía das persoas con discapacidade baseada no desexo e o dereito das persoas con restricións de participar no control da súa propia vida e de vivila coa dignidade que leva consigo estar en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía.
O asistente persoal é unha persoa que axuda a outra a desenvolver a súa vida, para o que realiza ou axuda a realizar tarefas da vida diaria da outra persoa que, pola súa situación de dependencia, non pode realizar por si mesma.
O asistente persoal acompaña a persoa para realizar as tarefas que esta lle indica e cando lle indica, e convértese deste xeito nos seus brazos, ollos, oídos, etc.
Libranza de asistente persoal
Prestación económica destinada a facilitar a contratación, pola persoa en situación de dependencia, dun asistente persoal profesional que lle preste apoio para o acceso á educación, ao traballo e a unha vida máis autónoma.
A determinación da contía para cada persoa efectuarase en función do grao e nivel recoñecido e da capacidade económica de acordo coa contía do IPREM que se fixa anualmente, polo que se poderá percibir integramente, se a capacidade económica é ata 2,5 veces o IPREM, ou reducirase proporcionalmente se é superior. A contía dependerá, así mesmo, da dedicación horaria dos coidados e nunca poderá ser superior ao prezo que se xustifique como aboado polo servizo recibido.
As contías máximas da libranza de Asistencia Persoal aprobaranse anualmente mediante unha Orde e poderanse consultar no apartado «contías das prestacións económicas».
#dependencia #autonomía #asistentepersoal #afalu #alzheimerlugo#traballosocial #coidadores #prestacións
☎️Máis información no 982263838 e no 607843384.