Campos e Méndez presentaron o 19/09/2016, xunto á Presidenta de AFALU Carmen Pena e técnicos de AFA, as actividades organizadas na cidade luguesa para concienciar e reivindicar a implicación das administracións públicas na atención e investigación sobre esta enfermidade.
Dende ás 17:30 horas do mércores, o centro da capital e o Pazo Provincial acollerá maxia, unha conferencia informativa, un documental e a proxección de Arrugas.
Programación de actividades
Ás 17:30 horas.-
Animación de maxia e mesas informativas sobre o alzheimer na Praza de San Marcos earredores.
Ás 18:00 horas.- Presentación na Praza de San Marcos do vídeo realizado pola TIC sobre a enfermidade.
De 18:15 a 19:00 horas.- Conferencia Alimentación en la Enfermedad de Alzheimer no salón de actos da Deputación.
19:00 horas.- Actuación de maxia na sala de exposicións da Deputación dos magos Antón e David Méndez.
Ás 20:00 horas.- Proxección da película Arrugas na sala de exposicións da Deputación. A longametraxe, do director Ignacio Ferreras, foi gañadora de 2 premios Goya, a mellor película de animación e mellor guión adaptado.