O primeiro derbi dentro da Liga Endesa entre o C.B. Breogán e o Leyma Coruña, foi un partido tamén solidario xa que estivo adicado a AFALU.
As redes sociais e os espazos promocionais do Pazo difundirán os recursos e servizos de apoio ás persoas con alzheimer e as súas familias cos que conta AFALU.
A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán.
Queremos agradecer a Club Baloncesto Breogán SAD e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo o apoio e cariño mostrados e celebralo dobremente pola victoria do Breogán!!!.
https://deputacionlugo.gal/es/node/82289