Ás 10:00 da mañá os traballadores de AFALU saímos andando con varios membros da Asociación de Amigos del Camino que nos quixeron acompañar, ata a Pza. de Sta. María. Despois fomos a almorzar xuntos e finalizamos a mañá ás 13:00 cunha misa oficiada D. Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo e que contou coa colaboración do magnífico Coro da Asociación de Amigos del Camino de la Provincia de Lugo.
Nesta ceremonia contamos coa compañía de moitos asociados e familiares e tamén autoridades e representanes da sociedade lucense.
Para os que non puidéstedes vir deixámosvos unhas fotografías dos eventos.
Coa colaboración da Asociación de Amigos del Camino de la provincia de Lugo.