Este ano volvemos a ter DIVERSIARTE os días 15, 16 e 17 de decembro, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20.
O cartel de este ano foi presentado pola nosa asociación e realizado pola nosa voluntaria e deseñadora gráfica ADABELLEIRA, a que temos que darlle coma sempre as grazas polo seu apoio e colaboración.
Estamos con moitas ganas de que vexades tódalas manualidades que os nosos usuarios estiveron elaborando nos distintos obradoiros de laborterapia con todo o seu cariño.
Agardámosvos con moita ilusión, xa que nada mellor que un agasallo solidario para que poidades regalar, nestas datas tan especiais, aos vosos seres queridos, amigos invisibles, autoagasallarse… sempre se pode atopar un bo motivo para ser solidario!