Aula de coidado de febreiro: documento de instrucións previas e disfaxia

Comezamos de novo coa Aula de coidado que consta de xornadas formativas gratuitas que realizamos de xeito regular coa colaboración da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
O próximo 18 de febreiro Maitane Fernández, traballadora social de AFALU, explicará qué é o documento de Instruccións Previas. Incidindo nos seguintes puntos:
– Cal é o se contido e como se formaliza.
– Cándo se aplican as miñas Instruccións.
– Cal é a importancia de rexistrar as Instruccións Previas.
– Cómo revogar ou substituír as Instruccións Previas.
A segunda xornada formativa deste ano será sobre a disfaxia e a alimentación en persoas maiores.
Realizarase o 26 de febreiro na aula de formación do Centro de Día de Alzheimer de Lugo.
Trataremos de aclarar o concepto de disfaxia así coma as necesidades de adaptación e cambios na alimentación da persoa con disfaxia con exemplos prácticos, recomendacións e pautas xerais.
Para inscribirse nestas charlas podedes facelo de tres xeitos:
1. Directamente na Escola Galega de Saúde, en cursos presenciais, buscando por lugar e data.
2. Indo ao QR da imaxe
3. No correo electrónico [email protected], por teléfono ou whatsapp no 607843384.