Don Alfonso Orol, en representación da Fundación Breogán, fixo entrega a Dona Iria Franco, Vicepresidenta de AFALU do simbólico talón correspondente á doazón benéfica anual da Fundación Breogán.
O acto tivo lugar no descanso do partido de liga ACB disputado o pasado martes no Pazo dos Deportes de Lugo, que enfrontou ó Club Baloncesto Breogán SAD e ó Cazoo Baskonia.
AFALU Alzheimer Lugo foi a entidade elexida tras votación dos nosos socios benefactores, tras acadar un 50% dos votos.
Dende AFALU queremos agradecer encarecidamente a donación, o recoñecemento ao noso traballo e o cariño e apoio que nos da sempre a Fundación Breogán, o Club Baloncesto Breogán e a Clínica García Rielo.
Fotografía de Carlos Castro